MEDIDAS DESTINADAS A EVITAR A PROPAGACIÓN DO CORONAVIRUS CON OCASIÓN DAS NOSAS CELEBRACIÓNS LITÚRXICAS E ENCONTROS PASTORAIS

 

  • Dispénsase aos fieis cristiáns da asistencia á Eucaristía, os domingos e festas de precepto. Pódese seguir a santa Misa por radio ou televisión, así como por internet. A comuñón espiritual é unha práctica tradicional da Igrexa que habemos de recuperar nestas dolorosas circunstancias, e pode ser ocasión de santificación e de comuñón eclesial.
  • Suspéndese as celebracións comunitarias e públicas da Santa Misa ata ser superada a actual situación de emerxencia.
  • Polo que se refire á actividade das Cáritas parroquiais, interparroquiais e diocesanas, non se pecharán os espazos dedicados á actividade caritativa. Pero convídase a extremar a prudencia na atención individualizada.

 

(Nota de los Obispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela

del pasado 8 de marzo en www.diocesisdelugo.org)

 

A TODAS AS PERSOAS QUE VEÑAN POLA PARROQUIA

 

  • Deben acudir individualmente, non vir acompañados.
  • Gardar a distancia mínima de seguridade de polo menos 1 metro.
  • Evitar o contacto estreito con outras persoas.
  • Coidar a hixiene en xeral, tamén no que afecta ás nosas relacións.

 

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN

 

 

Pin It