Atopámonos ante unha realidade extraordinaria... Unha oportunidade para afiuzar a nosa misión de educar aos nenos e de transmitirlles a fe no seo da familia.

Iniciamos un camiño marabilloso de compartires a fe e acompañar aos cativos no seu encontro con Xesús e na súa experiencia de Deus coma Pai que nos ama.

A fe é un agasallo que recibimos o día do bautismo e, como semente posta na terra do corazón, medra ao longo da vida. Os pais e o ambiente familiar son lugar privilexiado para a vivencia da fe e o compromiso cristián. O Papa Francisco di: "Preocupádevos de educalos na fe, de ensinarlles a rezar e a medrar como facía Xesús, en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e máis da xente".

Con moita esperanza comezamos este tempo de "Catequese Familiar", dende a parroquia queremos acompañarvos e quedamos a vosa disposición para todo canto necesitedes.

Moitas grazas e adiante!

Pin It