Onte pola noite botei unha risada cavilando na vida que todos levamos dende hai unha semana: afastados dos lugares de traballo, mutilados para o deporte e sen posibilidade de deambular ao noso antollo. Millóns de seres humanos retirados do estrés e barullo cotiás e, de súpeto, aí estamos, atravesando a porta dos nosos domicilios para mergullarnos nunha atmosfera de retiro espiritual. Quen organizou esta leria? Os exercicios espirituais aparecen no transcurso da vida providencialmente, a procedencia da invitación tanto ten.


“Mirade: vou crear un novo ceo e unha nova terra: das cousas pasadas nin haberá recordo nin virá pensamento. Alegrádevos por sempre polo que vou crear: eu creo a Xerusalén “alegría”, e ao seu pobo, “xúbilo”. Diante dos nosos fociños unha oportunidade de refacer a figura deste mundo moribundo. Non malgastemos as capacidades e o tempo e poñámonos con entusiasmo mans á obra. Unha morea de retos aparecen no horizonte máis próximo: recuperar os valores do pasado, rachar ca cobiza para sentir compaixón polos débiles, fomentar a comprensión para lograr a unión dentro da diversidade, deter o remuíño consumista e exercitar o espírito... en resumo: espallar alegría e xúbilo. Depende de ti. O sermón escoitalo día tras día! Toma nota dos axustes e correccións e, unha vez rematada a clausura, comeza de novo. Non deixes pasar de largo esta oportunidade, o mundo necesita de ti. Cóbado con cóbado chegaremos lonxe.


Un funcionario acudiu a Xesús porque precisaba a curación do seu fillo. Aquel home achegouse seguro e convencido do poder de Deus, apoiado nesa fe viu colmado o seu devezo.
Oremos polos anhelos desta xeración.


#QuedaNaCasa
#RezaNaCasa

Pin It