Despois dunha longa espera comunicamos que o vindeiro 4 de xuño, ás 19´30h son as confirmacións en Santo Antonio. O grupo que rematou a catequese o ano do confinamento recibirán D.M. este sacramento. O día 28 de maio, ás 20´00h, vémonos na igrexa para perfilar os preparativos da nosa festa.

 

4 de xuño 21

19:30h

Parece que a COVID-19 deunos unha pequena tregua, polo que retomamos as reunións presenciais da catequese (comunión e confirmación). A partires desta primeira semana de marzo temos unha cita na parroquia segundo reza o calendario de reunións para este curso.  Non deixemos de ser prudentes e gardemos todas as recomendacións das autoridades sanitarias.

Un saúdo.