ACTIVIDADES CATEQUESE

Os traballos realizados enviádeos ao teléfono 698 139 530 (María)

Xoves Santo. FACER DENDE O CORAZÓN.

Xesús deunos unha lección grande e fermosa de amor. El convida aos amigos a unha cea de despedida, baixase a lavar os pés dos seus discípulos, con emoción e tristura despídese dos seus e, finalmente, fai entrega de si para que o teñamos sempre no noso acordo.

A proposta para este día consiste en facer un corazón. Un corazón grande e fermoso, e nel escribir por un lado os nomes das persoas máis queridas e, polo outro, por o nome de Xesús.

Para rematar, ese corazón pódese colocar nalgún recuncho da casa e envialo, como foto de whatsapp, a algunha persoa especial.

 

Venres Santo. AO PÉ DA CRUZ

Este día adoramos a cruz como símbolo cristián de salvación. Xesús morreu nunha cruz e resucitou.  Dende aquela as nosas cruces e mortes, unidas a de Cristo, conducen á salvación.

A proposta para este día é lembrar a todos os que sofren o Coronavirus e escribir unha oración pedindo por eles, para que recuperen a saúde e se sintan acompañados de todos. Cando remates de escribir ao lado do papel coloca unha cruz que teñas na casa e fai unha foto. Mira que se poida ler o texto.

 

Pascua de resurrección. MIRAR AO CEO CON ALEGRÍA

Este é o día máis claro, con máis luz, de todo o ano. Resucitou o Señor! Alegría que bota por fora. A nosa vida e a nosa fe nacen nun día coma este. Damos gracias e reloucamos porque temos VIDA.

A proposta consiste en colocar no exterior das casas, nunha fiestra, balcón ou terraza unha saba ou tela branca que representa os veos que cubriron a cara e corpo de Xesús e, logo da resurrección, quedaron envoltos no lugar da sepultura. Unha tela branca con “R”  de cartolina ou pintada, “R” de RESUCITOU e de RESISTIRÉ.

Por favor, de todo o proceso e do que vos gustara máis enviade fotografías.

Pin It