Neste inicio de curso a pandemia que estamos a sufrir esíxenos tomar medidas para garantir a seguridade de toda a comunidade parroquial. O equipo de catequistas da parroquia andamos

a voltas cunha programación que complemente a experiencia de catequese familiar na casa coa vivencia da fe aquí na parroquia.

As chamadas dende as casas para ter información máis detallada reflicten a vosa preocupación e interese. Aledámonos de saber que a opción de fe que fixestes segue en pé a pesares dos

atrancos que de cote atopamos para compaxinar fogar, escola e parroquia. O proceso de transmisión da fe non se detén, as familias cristiáns rezan e viven á marxe de horarios ou inicios de

curso. Ánimo, estamos convosco na angueira cotiá de educar aos cativos.

Fixamos estas datas para explicarvos aos pais o funcionamento da catequese: distribución de grupos, información sobre os materiais, catequista de referencia, etc.

Primeiro curso de catequese de comuñón: martes 20 de octubro ás 18:00h, dentro da igrexa.

Segundo curso de catequese de comuñón: venres 23 de octubro ás 18:00h, dentro da igrexa.

Respetemos todos as medidas de seguridade e hixiene: sempre coa máscara, limpeza das mans con xel á entrada da igrexa, distanciamento interpersoal, evitar encontros innecesarios no

adro da igrexa, ...

Seguide ao tanto da páxina web (www.santoantoniodepadua.es) 

Ate pronto!

 

Pin It