O ambiente familiar é un lugar privilexiado para a vivencia da fe e o compromiso cristián.

 

“Preocupádevos de educalos na fe, de ensinarlles a rezar e a crecer como facía Xesús en sabedoría, idade e graza ante Deus e ante os homes” Papa Francisco.

 

A TER EN CONTA:

 

  • Que alguén da casa se faga responsable da catequese: nai, pai, avós... É importante que sexa unha persoa de fe que poida compartir cos nenos a súa experiencia de vida cristiá.

 

  • Fixade un lugar e un horario. Lembrade poñer algún signo visible, un crucifixo, imaxe da Virxe, etc.

 

  • A catequese é un encontro con Xesús, por tanto, comezade sempre cunha oración.

 

  • Facilitámosvos unha guía sinxela, elaborada polo equipo de catequistas, para traballar os contidos do catecismo.

 

  • No centro da catequese está a Palabra de Deus. Non debe faltar a Biblia ou o Novo Testamento.

 

  • Cada catequese vai acompañada dun compromiso.

 

  •  Rematamos cunha oración, o Nosopai.

 

  • Algunha actividade para que o neno complete nun caderno.

 

PARTICIPA NA MISA DA COMUNIDADE

 

  • Todos os días ás 19´30h

 

  • Domingos e festivos ás 11´00h e 12´00h
Pin It