As celebracións no templo parroquial guíanse polos protocolos xa establecidos ata o de agora: aforo limitado ao 33%, limpeza de mans, distancia de seguridade e uso obrigatorio da máscara.

Para un mellor cumprimento dos protocolos de seguridade COVID 19, a partires de agora organizaremos a participación na Misa das Familias (Domingo ás 11´00h) do seguinte xeito.

  • Primeiro Domingo de mes: nenos e familias do Casás.
  • Segundo Domingo de mes: nenos e familias do Divino Maestro.
  • Terceiro Domingo de mes: nenos e familias do Menéndez y Milagrosa.
  • Cuarto Domingo de mes: centros escolares restantes.

Esta distribución está pensada só para os nenos de catequese de comuñón.

Domingos hai misa ás 12:00h e ás 19:30h, sábados ás 19:30h. Tede en conta estas alternativas para participar de forma asidua nas celebracións, evitando aglomeracións.

Rogase que antes e despois da celebración non nos quedemos de conversa no adro da igrexa, sexamos áxiles para entrar e saír.

Pin It