Benqueridas familias:

 

 

O mes de setembro despide o descanso do verán, dálle a benvida ao curso escolar e disponnos para o inicio da catequese.

 

O COVID 19 mudou os costumes e transformou o xeito cotiá de facer as cousas. Na parroquia somos sensibles a esta problemática e adaptámonos á nova situación.

 

En relación á catequese parroquial deste curso comunicamos que o prazo de inscrición remata o día 30 de setembro. Deberán anotarse todos os nenos de comuñón e confirmación, os que asistiron o curso pasado e os que comecen por vez primeira.

 

Cómpre lembrar que a celebración da Eucaristía é insubstituíbel como vivencia comunitaria da fe. Sen a participación na celebración dominical non hai catequese. A Misa vai introducíndonos paseniño na contemplación do misterio de Deus e  incorpóranos á participación plena na comunidade cristiá. Na parroquia desfrutamos dun gran espazo físico que nos permite vivir con alegría e seguridade a festa do Domingo. Aquí vos esperamos! A misa das familias ás 11h todos os Domingos.

 

Para concretar algúns aspectos da catequese dentro desta "nova normalidade" necesitamos saber o número de familias interesadas en recibir catequese. Unha vez anotados os nenos faremos unha proposta de acompañamento neste proceso de maduración na fe. Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias renunciamos ás reunións semanais  por grupos de nenos tal e como se viña facendo deica agora.

 

É necesario que cubrades o formulario para a protección de datos. Non esquezades darnos o correo electrónico e un teléfono móbil.

 

As fichas de inscrición quedan na páxina santoantoniodepadua.es, amais, deixaremos algunha ficha en papel ao fondo da igrexa. Para entregar estes impresos de solicitude empregade o buzón parroquial ou o correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  

 

 

Dende a parroquia desexamos que todo transcorra con normalidade e sen sobresaltos.  

 

 

 

Pin It