NAI SÓ HAI UNHA.

A que loita por sacar adiante aos seus fillos.
A que fala baixiño entre arrolos e agarimos.
A que endexamais baixa a garda  e protexe aos seus.
A que pasa a vida entre suspiros de amor.
A que mira con outros ollos cheos de dozura e comprensión.
A que pasa decote a segundo plano.
A que traballa por Amor.

A que cun xesto che saca un sorriso.
A que sempre xoga con alma de neno.
A que desfruta vendo a felicidade dos outros.
A que cunha mirada adiviña que andas preocupado.
A que confía en que todo vai saír ben.

A que durme con soños de familia e aspira  a darlles vida.
A que desprende calor de fogar.
A que se fixa e coida os pequenos detalles.
A que prepara o necesario para facer festa.
A que chora a miúdo, unhas veces de emoción e outras porque lle doe o corazón.
A que provoca recordos únicos e lles da sabor.
A que non cansa de esperar por moito tempo que pase.

A que fala con Deus en nome de todos.

A que se identifica coa eternidade.

A que conservaba todas estas cousas no seu corazón.

A que posúe o nome máis tenro e doce, Mamá.

A que nos recibe e abre as portas da súa casa.

A que nos agarra da man e acompaña na entrada de ano.

A que irradia paz.

A que…

Pin It