A AVESTRUZ

A avestruz destaca por ser unha ave corredora provista de grandes zancas. Chama a atención o seu poderoso pescozo, soberbio e estirado que remata nunha cabeza de tamaño reducido. Ave de ás pequenas e pomposas que a pesares de batelas enerxicamente non lle permiten voar.

Unha tola que corre alborotada de acó para aló. Unha pobre criatura escabardosa que anda a meter a cabeza no fondo da terra. Iso si, pon uns ovos de regulamento.

A instantánea típica deste animal sorpréndeo coa cabeza escondida no medio areoso.

“Pero o que recibira un talento, foi cavar un burato na terra e escondeu o diñeiro do seu amo…”

O talento es ti! Non me fagas "un avestruz" soterrando para todos a túa riqueza. Non lisques atolado por non enfrontarte ao desafío de vivir facendo felices a todos, non te perdas dando voltas, o camiño parte dos máis cativos e pobres.

Na xornada do pobre traer á memoria o bo facer de tantas e tantos que tenden a palma ao indixente e achegan as súas mans ao mendigo, unha ladaíña feita coas boas obras do amor.

Feliz domingo!

Pin It