Medo, inseguridade, distancia social…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría polo nacemento de Xesús.

 

Confinamento, toque de queda, soidade, arredamento das persoas queridas…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é familia, estar unidos e celebrar a fe en Xesús, o fillo de María e de Xosé.

 

Prisioneiro dun Nadal de consumo, de compras e malgastando…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é unha celebración humilde e sinxela que nos descobre o nacemento do noso Deus e Señor no medio da pobreza.

 

Indiferenza, irresponsabilidade, esquecerse dos demais, contravir as recomendacións sanitarias…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é compromiso solidario inspirado no misterio do Deus encarnado, do Deus solidario que se fai pobre para enriquecernos a todos.

 

Superficialidade, diversión frenética e aloucada…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é alegría, alegría interior, serena e continua de quen sabe que Deus está entre nós para sempre.

 

Renunciar a ser nós mesmos, consentir que outros nos teledirixan e manipulen…

Non deixes que che confinen o Nadal! O Nadal é un canto á liberdade, que para iso veu Deus ao mundo, para liberarnos de toda escravitude e facernos homes novos.

 

Bo Nadal.

 

Pin It