COMA UNHA ÁRBORE

Os sólidos alicerces dunha árbore son as súas raíces. As raíces terman da planta e confírenlle resistencia segundo a profundidade das mesmas. Un exemplo témolo no mesto e fondo raizame que lle da ao carballo unha aparencia maxestosa e sobranceira. Imposíbel arrincar de raíz un destes espécimes centenarios. Os pais, os avós (tesouros da igrexa e da sociedade) conforman as raíces da familia. Eles inflúen no que cada un de nos é. Fondas e fermosas as carballeiras da nosa terra!

Para que a árbore medre necesita boa terra. Todo ser vive afincado nun entorno, nun ambiente que lle procura calor e alimento, indispensábel a terra ben empapada de auga con substrato rico en minerais. Os achegados, xunto co entorno social, entrañan a materia prima que se convirte en ósos e músculos, madeira e follas, amais de esponxar os miolos.

A parte máis dura da árbore chámase tronco.​​​​ A personalidade, o xeito de cada quen, as ideas dun, todo aquelo que nos fai diferentes repercute na forma da árbore da familia. Existe un ADN familiar do que se obtén información esencial sobor da súa raza, a saber, á cas de ou o apelido.

Do tronco parten as pólas máis grosas que á súa vez se van dividindo noutras máis miúdas que se enchen de follas. Follaxe espesa o abano de relacións que mantén a familia e que nos van enxertando en unión permanente de sociedade. Ramas, ben delas poboadas de vida e proxectos, e algunhas que sobresaen perseguindo un sono.  

Na parte superior da árbore divisamos a súa copa chea de afeites. Chores e froitos que agardan o momento propicio para xermolar as sementes que agochan no seu corazón. Os fillos e os netos son para as familias o que os froitos para a árbore.

Hai un ben oculto, un murmurio interior en movemento,  un algo que adiviña vida… O zume que circula por toda a planta a través dunha complexa rede de vasos. O sangue aporta vigor e revitaliza constantemente, a vida da árbore murcha en tanto falte aquela enerxía que o mantén erguido. Este zume interior representa a presencia de Deus nas nosas vidas. Se a graza de Deus actúa en nós poderemos medrar fortes e dar froitos saborosos e abundantes.

“O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e a gracia de Deus estaba con el.”

Adicado a todas as familias que buscan a presenza de Deus, transmiten amor e forman parte deste monte de Santo Antonio.

Moitas grazas, Familia!

Pin It