CATEQUESE PREPARACIÓN PRIMEIRAS COMUÑÓNS

Recomendamos aos nenos que están no primeiro ano de catequese que traballen o núcleo 5, temas 19 ao 23.

Os nenos que se preparan para facer este ano a primeira comuñón é moi importante que traballen os núcleos 3 e 4 onde atoparán todos os temas relacionados cos sacramentos da Reconciliación e da Eucaristía. Na dirección que se indica hai variedade de propostas, unha delas chamada “Misalito”, que recomendo especialmente.

Lembrade de practicar as oracións: Sinal de Cruz, Nosopai, Avemaría, Gloria, Credo.

Neste dirección (https://www.arguments.es/) ofrécense catequeses interactivas. Tedes, polo tanto, os temas expostos de maneira sinxela para que poidades dende a casa manter vivo o interese dos nenos, seguir o ritmo da preparación e non esquecer que está cerca o momento de encontrarse con Xesús.

Dende o luns día 11 retomamos a celebración da eucaristía.

Os Domingos ás 11:00h misa de nenos. En todo momento intentaremos cumprir as medidas de prevención de contaxios.

Pin It